Convócase o primeiro certame fotográfico da Mostra do posible en Cangas os días 6 e 7 de outubro

O certame levarase a cabo pola colaboración da Asociación Reencanto, organizadora da Mostra do Posible deste ano e a Asociación Colectivo Fotográfico Abrenoite de Cangas.
Publicado por o día 17/09/2018 na sección de Cangas,Eventos,Galicia,Social

Convócase o primeiro certame fotográfico da Mostra do posible en Cangas os días 6 e 7 de outubro

Como xa se anunciara fai uns días, a vila de Cangas acollerá de novo os vindeiros días 6 e 7 de outubro a Mostra do Posible, un evento que quere servir como punto de encontro entre as organizacións que traballan na economía social e solidaria, os movementos sociais organizados e a cidadanía.

Dentro das actividades programadas para esta edición convócase o primeiro Certame Fotográfico Mostra do Posible.

A convocatoria de participación esta aberto as persoas de todas as idades e nivel de coñecemento fotográfico.

As bases para a presentación de imaxes concursantes están xa disponibles na web da Mostra do Posible, www.mostradoposible.gal

A temática principal é dar “unha visión persoal” que cada persoa participante teña sobre este acontecemento social galego. Terán que ser imaxes tomadas nos días 6 e 7 de outubro nos que celebrará a Mostra. Poderán ser tanto sobre os postos de exposición, como sobre algunha das actividades tanto lúdicas como divulgativas que se van facer tanto na Alameda Nova como noutras localizacións da vila morracense nesas datas.

A Asociación Reencanto organizadora este ano da Mostra do Posible pode realizar este primeiro certame pola estreita colaboración do Colectivo Fotográfico Abrenoite, asociación que leva máis de dez ano traballando de maneira incansable co obxetivo de divulgar e fomentar a práctica da fotografía en Cangas.

Cada participante no Certame poderá presentar un máximo de cinco instantáneas. De todas as presentadas as dúas mellores obterán un magnífico premio dos que están indicados nas bases. Ademais para o fomento da participación dos amantes da fotografía máis novos haberá un premio especial “junior”.

O prazo máximo para presentación das obras será o 14 de outubro.