Convocatoria Asemblea Popular de Vigo

Publicado por o día 23/02/2014 na sección de Vigo

Convocatoria Asemblea Popular de Vigo

 Cas premisas da unión e a organización como medio indispensable para loitar e co exemplo recente da veciñanza de Gamonal, naceu o pasado domingo a Asemblea Popular de Vigo. Unhas 25 persoas, algunas delas procedentes de diversos movementos sociais, sindicais e políticos, acordaron crear este órgano tras a realización dunha asamblea aberta o pasado domingo 16 na Parroquia do Cristo da Victoria.

 A intención dos asistentes foi que a asemblea tivera un carácter permanente e servise como medio de coordinación para todas aquelas persoas que organizadas noutros colectivos ou non  comparten unhas mesmas reivindicacións na cidade.

 Con este espírito, e sabendo que son moitos os ataques e padecementos que están a sufrir as clases populares, decidiuse emprender unha campaña contra a suba do prezo do Vitrasa e o deficiente servizo que está a prestar a concesionaria do servizo de autobuses da cidade, sen olvidar o grave problema da vivenda ou a concesión da xestión da auga a unha empresa privada.

Para debatir sobre estes temas, sobre as marchas do 22M e organizar a campaña polo transporte público, convídase a todas e todos os interesados a asistir á próxima asemblea convocada para o luns 24 de febreiro no Centro Social Bou Eva (Rúa Tercio de Afora, 11) ás 20:00.

PRENSA JAVIER GARCÍA FERNANDEZ