A violencia machista volta golpear na Galiza, desta volta na Coruña, un home mata á súa sogra e secuestra ao seu fillo amosando a brutalidade á que pode chegar a violencia machista. Dende a Marcha Mundial das Mulleres, convocan a saír a rúa unha vez máis para berrar a nosa raiba e esixir solucións contra este terrorismo contra as mulleres. Mércores 23, ás 20:00 h. fronte ao Marco en Vigo.
