– Dende a Marea fan un chamamento a toda a cidadanía viguesa a participar o vindeiro xoves 29 de xaneiro na III Asemblea Xeral da Marea de Vigo.
En canto o funcionamento da asemblea e as emendas a Marea adoptou estas decisións na última xuntanza de traballo:
1) As emendas presentadas ao documento de primarias dentro do prazo aberto (que remata o día 26 ás 24:00 h), levaranse ao plenario do día 27 de xaneiro, onde cada persoa emendante poderá defender as súas propostas, que serán debatidas e refundidas, de xeito que o documento resultante poida someterse a debate e votación na Asemblea en cada un dos apartados con varias opcións e dentro do tempo previsto pra ese punto da orde do día.
2) Poderán participar na III Asemblea da Marea de Vigo todas as persoas que o desexen, e poderán exercer o dereito a voto nos debates previstos todas aquelas que sexan asinantes do manifesto da Marea, ou que decidan asinalo ao entrar pra acreditarse.
3) O prazo de acreditación como votante será entre as 19:30 e as 20:25 h no café De Catro a Catro. A Asemblea comezará ás 20:30 h.
Os documentos pódense encontrar na web: www.mareadevigo.org . Somos Marea!
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.