Convocatoria de cursos monográficos na Escola Municipal de Artes e Oficios

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios, faise a convocatoria dos seguintes cursos monográficos: “O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II”, “Elaboración de espadillas”, “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”, “O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto”. Os cursos están abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
Por o 11/10/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Convocatoria de cursos monográficos na Escola Municipal de Artes e Oficios

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios, faise a convocatoria dos seguintes cursos monográficos: “O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II”, “Elaboración de espadillas”, “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”, “O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto”. Os cursos están abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos. 

CURSOS QUE SE CONVOCAN:

Aulas de Debuxo e Moda e Confección: “O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II”

Impartido por: Federico Fernández e Emma Pintos, mestres das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo na moda. Terán preferencia o alumnado que xa fixera o primeiro monográfico “O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I” celebrado no mes de xullo de 2018.
Datas: do 22 de outubro ao 21 de novembro, luns e mércores de 10,00h a 13,00h.
Duración: 30 horas

Obxectivo: Curso interdisciplinario na que nos centraremos, mediante exercizos, en achegar o debuxo do movemento do corpo, a proporción e as posicións diversas do mesmo, para aplicalo na representación dun figurín de deseño de roupa. Curso de realizado entre os obradoiros de Debuxo e Moda e Confección, continuación do primeiro monográfico ” O DEBUXO COMO LINGUAXE NA MODA: O FIGURIN I”. Neste caso aportaremos a cór e a técnica da acuarela para os acabados das texturas as pregaduras dos figuríns a realizar.

Programa:
Achegamento básico a cor e a técnica de acuarela aplicada ao figurín de moda: O obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios que axuden o alumnado a rematar mediante a cor ca técnica de acuarela os figuríns de moda.

-Breve recordatorio do visto no monográfico anterior. A proporción. A representación mediante o debuxo das texturas dos tecidos. As representacións de enrugas mediante a liña e o lápis.
-Coñecer a linguaxe da cor. Representar o círculo cromático mediante a acuarela.
-Realizar degradados aplicados a representación das teas
-Representar texturas de teas a través da liña e da mancha-
-Aplicar as texturas visuais realizadas ca cor na representación de prendas sobre maniquíes
– Realizar unha serie de figuríns rematados a cor , nas que se poñan en práctica todo o aprendido nos dous monográficos.

Material a aportar polo alumnado: B-Block de debuxo para acuarela formato A3 /Lapis HB /Goma /Caixa de acuarelas de 12 cores /Dous pinceis

Aula de CAIM-ZANFONA : “Elaboración de espadillas”

Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM-Zanfona
Destinatarios: Ex-alumnos do obradoiro, con zanfona, que queiran mellorar a calidade das espadillas que construiron durante o curso e Interpretes de zanfona con instrumento dotado de espadillas de madeira.
Datas: do 26 de outubro ao 21 de decembro de 2018 e día 11 de xaneiro de 2019, venres de 17,00h a 20,00h
Duración: 30 horas
Presentación: As espadillas son os elementos encargados de interceptar a corda vibrante para producir a correspondente nota. A relación do constructor e do interprete de zanfona con estas pezas é tan inportante como a que poda ter o gaiteiro cá sua palleta..

Programa: O programa está referido ao que é o proceso de construcción: preparar e mecanizar (tronzar, cepillar, serrar, regrosar) a táboa de madeira para obter as láminas correspondentes.
Material a aportar polo alumnado: Táboa de madeira de Arce

Aulas de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA E OURIVARÍA: “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”

Impartido por Alba Pardo e Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas
Obxectivos: O obxectivo deste curso é dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría. A práctica constará crear pezas de cobre que serviran para colares ou broches, serán esmaltadas con cores base para despois aplicar e transferir os debuxos por medio dos procedementos serigráficos aplicando esmaltes vitrificables que serán cocido posteriormente. O alumno acabará o curso cos coñecementos básicos destas técnicas en concreto e con unha peza rematada, colar ou broche.

Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

Programa:

Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.

Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)

Materiais e ferramentas a empregar
Técnicas de corte
Técnicas de conformado
Limar e esmerilado
Técnicas de esmaltado
Articulacións e peches
Acabados e montaxe

Serigrafía (metodoloxía teórico práctica)

Materiais e ferramentas a empregar
Preparación de pantaias e fotolitos
Emulsionado, insolado e revelado
Estampación
Limpeza de pantaias serigráficas.

Material a aportar polo alumnado: comprará en grupo certos consumibles de baixo custo; as indicación daranse ao comezar o curso.

Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística : “O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto”

Impartido por Rosa García e Pablo Otero, mestra da EMAO, respectivamente das especialidades de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística
Destinatarios: Persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: do 7 ao 28 de xaneiro; luns mércores e venres de 10,30h a 13,30h
Duración: 30 horas
Obxectivo: Realización dunha tiraxe de gravados en relevo coma ilustración dun conto, que tomarán corpo de libro mediante a encadernación máis axeitada.

Programa:
O gravado en relevo
Entintado e estampación en unha e dúos tintas
Realización dunha serie ilustrada para a súa edición
A importancia do continente e o contenido
Elaboración dun libro mediante a elección da encadernación máis axeitada.

Material a aportar polo alumnado: Linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica), papeis de recubremento, cúter, edición de texto.

CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración curso: 30 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):

Asunto:
Nome e apelidos do/a solicitante:
DNI:Teléfono de contacto:
Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO

Admisión de solicitudes:
Prazos: ata o 18 de outubro de 2018 (agás curso de Talla/Encadernación que ten de prazo de presentación ata o 18 de decembro)

Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.