Convocatoria explotación das carpas das festas do cristo 2017

Publicado por o día 11/07/2017 na sección de Cangas,Eventos,Galicia

Convocatoria explotación das carpas das festas do cristo 2017

A partir de hoxe, martes 11 de xullo, os locais que o desexen poderán solicitar a ocupación das “jaimas” para as Festas do Cristo 2017, que normalmente son empregadas por locais do municipio para realizar servizos de bar.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello de Cangas do Morrazo en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas e o sábado de 10:00 a 13:00 horas). As instancias irán dirixidas á Concellaría de Cultura e deberán ir acompañadas da licenza do local e do DNI do xerente, ademais da documentación que se detalla na resolución anexada.

Os locais de Cangas terán preferencia sobre os locais de fóra do municipio, podendo ocupar estes unha das “jaimas”, sempre e cando os locais do concello non ocupen a totalidade das mesmas.