Convocatoria plenario aberto da Marea de Vigo o mércores 22

Publicado por o día 20/10/2014 na sección de Marea Vigo,Política

Convocatoria plenario aberto da Marea de Vigo o mércores 22

A Marea está collendo cada vez máis forza. Na última asemblea aprobamos unha estructura organizativa participativa e dinámica, e puxémonos o reto de levar a cabo un cronograma de intenso traballo colectivo para construír un espazo de confluencia de cara ás municipais.

Dende entón traballamos arreo para elaborar os protocolos de portavocía e contactos con organizacións políticas e movementos sociais, así como as liñas estratéxicas de apertura das mareas de barrio. Estes protocolos garanten maior transparencia e democracia interna e a apertura de canles de participación dende abaixo. Pois ben, estes borradores serán valorados no próximo Plenario, que se celebrará este mércores 22 de outubro. O plenario é o espazo de traballo en común de todas as persoas que participan nos grupos de traballo da marea, e está aberto á participación de todas e todos os asinantes do manifesto.

Xa que logo, facemos un chamamento á participación de todos. Hai diferentes grados de implicación e compromiso e cómpre que cada quen participe na medida da súas posibilidades, ben  difundindo a voz da marea, ben recollendo sinaturas, ben cooperando nos grupos de traballo ou ben participando na apertura das Mareas de Barrio. Se estás interesada só tés que enviar un correo a este enderezo explicándonos en en qué che gustaría colaborar.

PRENSA MAREA VIGO