O conxunto de cámara da orquestra Academy of St. Martin in the Fields no Teatro Afundación de Vigo

A agrupación británica, dirixida por Simon Blendis, ofrecerá un concerto o luns 6 de marzo ás 20.30 h.
Publicado por o día 24/02/2017 na sección de Cultura,Vigo

O conxunto de cámara da orquestra  Academy of St. Martin in the Fields  no Teatro Afundación de Vigo

O luns 6 de marzo, ás 20.30 h, o Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n) recibe ao conxunto de cámara formado polos músicos principais da orquestra británica Academy of St. Martin in the Fields para ofrecer un concerto enmarcado na Tempada de Música Clásica 2017.

A agrupación interpretará, baixo a batuta de Simon Blendis, un repertorio formado por Sexteto de cordas, op. 36, en sol maior nº 2, catro movementos, de J. Brahms; Capricho, de R. Strauss e Souvenir de Florence, tres movementos, de P. Tchaikovsky.

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500 para todas aquelas persoas que non tivesen adquirido o abono para a tempada que supón un aforro dun 20 % con respecto ás entradas individuais.

A orquestra de cámara Academy of St. Martin n the Fields

O conxunto de cámara da Academy of St. Martin in the Fields foi creado no ano 1967 para tocar as obras de cámara máis amplas, dende quintetos a octetos, con músicos que habitualmente traballan xuntos, no canto do habitual cuarteto de corda acompañado dun artista invitado. A agrupación actúa como octeto de cordas, sexteto de cordas e en ocasión inclúen instrumentos de vento. Entre os países que máis visitan nas súas xiras destacan Francia, Alemaña e España, con visitas frecuentes a Estados Unidos e América do Sur, Australia e Nova Celandia.

Nas últimas tempadas o conxunto de cámara ten tocado na sala Kings Place e na Igrexa de St. Martin in the Fields de Londres, así como nunha gran variedade de salas por Inglaterra.

A agrupación de cámara da Academy of St. Martin in the Fields ten publicados máis de trinta discos coas discográficas Philips Classics, Hyperion e Chandos.