A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo, que están a protagonizar os compañeiros e compañeiras da Asemblea de Usuarios pola Sanidade Publica de O Bierzo e Laciana
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Protestas,Sanidad

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña solidarizase co encerro no hospital Comarcal do Bierzo, que están a protagonizar os compañeiros e compañeiras da Asemblea de Usuarios pola Sanidade Publica de O Bierzo e Laciana.

Esixen umha reunión con Conselleiro de Sanidade da Xunta de Castela e Leon, onde manifestar as suas reivindicacións a prol dumha sanidade pública e de calidade, alen de rexeitar o cabalo de Troia que é para o seu caráter público as Unidades de Xestion Clinica.

Desde a Coordinadora Antiprivatización partillamos a loita dos compañeiros e compañeiras do Bierzo e Laciana, pois o ataque o carácter público da Sanidade non é um feito exclusivo da Xunta de Galiza, do sr Feijoo e os seus; senon que é parte da política de recortes nos servizos públicos baixo a xustificación do control do déficit, que veñen da Unión Europea e do goberno central.

As Unidades de Xestión Clinica son a mellor demonstración de que é umha política común para todo o estado. Desde Andalucía ate Galiza, pasando por Castela e Leon, os governos de calquera color tentan facer complices aos médicos da privatización, pagando-lles por facer recortes. Nun alarde de cinismo que non tem parangón, premian aos médicos que recorten mais: non querem gastar em médios e recursos para a sanidade, mas gastan para converter aos médicos (que xa non necesitan moitos prêmios para facelo) nos abandeirados do desmantelamento do público.

Frear o desmantelamento acelerado da Sanidade Pública no Estado Español, do que a Galiza é um dos seus mellores alumnos, esixe umha dunha doble unidade pola que desde a Coordinadora vimos pulando desde fai anos, a pesar da miopia de moitos: um, a unidade de traballadores / as da sanidade coa cidadania, dous, a unidade a nível estatal da loita contra essas políticas. Do mesmo xeito que só os traballadores / as non van parar o desmantelamento senon contan coa cidadania, só umha nazon u rexión non poderá parar o que é um proxecto europeo e estatal, a sua privatización.