A coordinadora nacional de Esquerda Unida aproba o plan de traballo a seguir ata o vindeiro ano

Publicado por o día 08/07/2017 na sección de Esquerda Unida,Política

A coordinadora nacional de Esquerda Unida aproba o plan de traballo a seguir ata o vindeiro ano

Esquerda Unida reuniu esta mañá en Compostela a súa coordinadora nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, co fin de deixar pautadas as liñas básicas de traballo e ruta a seguir ata o vindeiro ano.

Ao comezo do acto, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, presentou un informe político que analiza a actualidade dos problemas máis relevantes do país e recolle as inmediatas tarefas da organización.

Ademais do informe político, a coordinadora aprobou cinco plans de traballo (Plan de Acción Política, Plan de Formación, Plan de Estratexia no Conflito, Plan de Finanzas e Plan de Comunicación) co que se planifica e organiza o traballo de Esquerda Unida.

En relación á confluencia, Esquerda Unida aproba unha resolución na que se reafirma a estratexia de participar e impulsar os procesos de acumulación de forzas dende a esquerda, onde a participación e o diálogo sexa unha realidade para todas aquelas persoas e colectivos que comparten un obxectivo común: mudar as políticas neoliberais a prol da maioría social.

Una respuesta para "A coordinadora nacional de Esquerda Unida aproba o plan de traballo a seguir ata o vindeiro ano"