Copa do Rei: Celta 1 – Bilbao 0

Publicado por o día 08/12/2013 na sección de Celta,Deportes,Fútbol

Copa do Rei: Celta 1 – Bilbao 0

  Bo partido do R. C. Celta que logrou a vitoria pola mínima na ida dos décimo sextos da Copa do Rei por un gol a cero ante o Bilbao, o que permite ir a San Mamés con posibilidades de superar a rolda ao non ter encaixado ningún gol e ante os bos resultados dos celestos fose de casa.

 O partido comezou como vén sendo habitual cun Celta correúdo, premendo o seu rival, evitando a saída co balón xogado pero non era suficiente para dispoñer de ocasións claras de gol que adiantasen ao equipo, de feito a primeira do partido tivérona os leóns no minuto 19, onde Sergio volveu mostrar o gran porteiro que é cando ten oportunidades.

 A partir desa clara ocasión do Athletic, o Celta adiantou as súas liñas, envorcouse máis ao ataque e as ocasións chegaban, primeiro Orellana cun tiro dende a medular que marchou preto da portaría e minutos despois Alex Lopez ás mans do porteiro. Chegaban os mellores minutos celestes pero o Bilbao tamén avisaba, corría o minuto 36 e San José puido adiantar os bilbainos. Catro despois, Santi Mina tiña a máis clara da primeira parte que non logrou materializar.

 Coa reanudación da segunda parte, o Celta buscaba máis descaradamente o triunfo, de feito tivo en menos de dez minutos varias ocasións claras, esta vez nas botas de Nolito e na seguinte na cabeza de Santi Mina. O Celta saía a por todas e con iso chegaban as oportunidades de adiantarse no marcador, como faría Santi Mina no minuto 70 despois dun rexeitamento do porteiro. O Celta recollía o premio que buscara tanto na primeira parte, coma nos primeiros minutos da segunda.

 Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Costas (J.Vila. min.63), Jonny, Krohn-Dehli, Álex López, Rafinha (Madinda, min.68), Orellana (Bermejo, min.77), Nolito e Santi Mina

 Bilbao: Herrerín,  Iraola, San José, Gurpegui, Balenziaga, Mikel Rico, Iturraspe, Ander Herrera (De Marcos, min.76), Muniaín, Susaeta (Ibai, min.65) e Toquero (Aduriz, min.76)