Coral Stella Maris ofrece último concerto de verán con artistas invitados

Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Nigrán

A Coral Stella Maris e o Centro Cultural O Torreiro de Priegue, coa colaboración do Concello de Nigrán, ofrecen mañá venres ás 22.00 horas na explanada deste centro cultural o seu último concerto de verán coa intervención de artistas invitados como Diana Tarín (concursante no programa “La Voz”, Iker Freire (solista en la Orquesta Sinfónica de Bilbao) ou Javier Mejuto, mestre da canción lixeira.

Con entrada gratuíta, o concerto abrirase co grupo “Brisas de Bouzas” e o afamado acordeonista Villar. Ademáis, participará tamén a Escola de Baile e Danza Bambalina de Vigo.

Dende a Coral insisten en que se trata dun concerto adicado aos veciños de Nigrán, cun programa musical alegre e divertido cargado de novidades e pensado para que o público poida cantar e bailar tamén. Como é costume na coral, sobre o gran escenario non faltarán as pantallas xigantes ou os fogos de artificio.