A Xunta Directiva da Coral Ventos do Val pon en coñecemento da veciñanza, para que ninguén compre se lle veñen a ofrecer, que foi extraviado un talonario de Lotería Nacional de Nadal para o sorteo do 22 de decembro de 2017.
O talonario extraviado consta de 50 participacións, dende a 1451 á 1500 (ambas incluídas), do número 72.496. Polo que dende a coral infórmase de que, en caso de resultar premiado o devandito número, esas participacións non serán aboadas, xa que abolíronse do sorteo debido ao extravío.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.