Cores Tourís analiza cos novos responsables de Unión Fenosa en Pontevedra o Plan Salnés para a mellora das infraestruturas desta comarca

Na reunión co delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén se estudaron outras melloras do servizo eléctrico no concello de Rodeiro ou a situación do soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro en Pontevedra
Por o 06/02/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
Cores Tourís analiza cos novos responsables de Unión Fenosa en Pontevedra o Plan Salnés para a mellora das infraestruturas desta comarca
Compartir en:

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión cos novos representantes de Unión Fenosa en Galicia e Pontevedra, co obxectivo de analizar os principais temas de interese en materia eléctrica.

Deste xeito, Julio González García, xefe de Distribución en Galicia, e Juan José Coiradas, delegado en Pontevedra, presentáronse ante o delegado territorial, e debateron con él sobre cuestións como as novas infraestruturas, o mantemento das actuais e as melloras en materia eléctrica, para o que están en marcha Plans como o do Salnés ou o do Morrazo.

En canto a comarca do Salnés, destacouse o remate das obras comprometidas no concello do Grove, “onde imos a realizar un seguimento dende a Xefatura Territorial de cara a comprobar se este investimento foi suficiente ou se necesitan máis obras”, explicou o delegado territorial. Tamén analizouse o desenvolvemento da subestación do polígono de Barro-Meis, onde “no futuro vanse a desenvolver novas liñas de conexión e distribución de cara a mellorar o subministro de toda a zona”.

Por outra banda, na reunión tamén se tratou o inminente soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro, destacando que as obras comezarán a ser unha realidade a finais do próximo mes de marzo.

Finalmente, na comarca do Deza destacouse o traballo que se está a executar no concello de Rodeiro, de cara a solucionar as irregularidades no subministro. “Unión Fenosa comprometeuse a tomar medidas adicionais á programación xa iniciada para reforzar a mellora do servizo de cara a que os veciños poidan contar cun servizo de enerxía de calidade”, rematou o delegado territorial.