Cores Tourís comproba o remate da obra de mellora do camiño Santa Comba a Loureza no concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se inclúe dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2019-20, e que permitiu a reforma deste vial cun orzamento de case 46.000 euros
Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Galicia,Oia,Xunta de Galicia

Cores Tourís comproba o remate da obra de mellora do camiño Santa Comba a Loureza no concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, as obras executadas por este municipio a través do Plan de Infraestruturas Rurais 2019 na estrada que vai de Santa Comba a Loureza.

O delegado territorial destacou os case 46.000 euros destinados para a pavimentación de este camiño, executado a través do Plan Marco de Camiños Municipais 2019-20.

No caso da mellora desta vía, as obras consistiron nunha nova pavimentación con dobre e triple rega asfáltica, escavación e limpeza de cunetas, roza de vexetación herbárea e aplicación dunha base de zahorra artificial.

Cores Tourís destacou o interese deste concello por continuar a desenvolver obras de mellora destas vías rurais, recordando que nesta lexislatura, o concello recibiu máis de 187.000 euros para a execución de diversas melloras en infraestruturas rurais.

O delegado territorial recordou que, a través destes plans de mellora de camiños municipais, a Consellería de Medio Rural pretende facilitar a ampliación, a mellora ou o mantemento dos camiños municipais, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. “Estes camiños permiten”, segundo engadiu Cores Tourís, “o acceso ás entidades de poboación nas que se asentan vivendas de poboación rural, e supoñen os canais de entrada e saída das producións rurais e das explotaciós agrarias”.

Deste xeito, o obxectivo que se marca a Xunta de Galicia é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas.

“Estas vías xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, e por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado”, matizou Cores Tourís.

Para o período 2019-20 a Xunta e Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, mantivo o orzamento de anos anteriores, destinando 3,2 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.