Cores Tourís comproba o remate do novo comedor do CEIP Rosalía de Castro do Grove

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os 43.260 euros do custo da instalación dun módulo prefabricado que dará servizo ata a 80 alumnos
Por o 28/02/2019 | Sección: Galicia,O Grove
Cores Tourís comproba o remate do novo comedor do CEIP Rosalía de Castro do Grove
Compartir en:

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou onte o remate do novo comedor do CEIP Rosalía de Castro do Grove que dará servizo a 80 alumnos, en dúas quendas, a partir do próximo mes de marzo, unha vez remate o entroido.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do alcalde da localidade, José Cacabelos, así como do xefe territorial de Educación na provincia, César Pérez Ares.

As obras, cun orzamento global de 43.260 euros, foron executadas en colaboración co Concello do Grove, e consistiron na instalación dun módulo prefabricado que ten capacidade para 40 alumnos á vez.

A instalación deste módulo, de 58 metros cadrados, tamén supuxo a conexión eléctrica e de auga para o mesmo, así como a construción de ramplas de acceso e a instalación dunha reixa na parte inferior do módulo. Tamén conta con dous módulos de aire que regularán a temperatura no seu interior, e teito a dúas augas para mellorar o illamento.

No interior do novo comedor instaláronse os servizos necesarios para ofrecer cátering aos alumnos, como mobiliario, un mesado de metal e un vertedoiro.

“Deste xeito, grazas ás colaboración entre institucións, damos solución a unha demanda histórica deste centro. Somos conscientes de que hoxe en día este tipo de servizos melloran a conciliación familiar e laboral”, explicou Cores Tourís, quen destacou a implicación da Consellería de Educación co Concello do Grove onde, nos últimos anos, executáronse obras de mellora en Primaria e Secundaria por máis dun millón de euros.

No caso concreto do CEIP Rosalía de Castro, nos últimos anos, investíronse 503.000 euros neste centro en obras como a reforma eléctrica, a reposición de aseos, a reforma da sala da caldeira, a nova cuberta do ximnasio ou a reforma de persianas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.