Cores Tourís comprobou o inicio das obras de execución dun tramo de beirarrúas na avenida de Castelao en Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estes traballos consistirán na execución dun paso elevado e na creación dun tramo de beirarrúa no marxe esquerdo da estrada
Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Cores Tourís comprobou o inicio das obras de execución dun tramo de beirarrúas na avenida de Castelao en Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Ponteareaspara comprobar o inicio dos traballos de execución dun tramo de beirarrúas na avenida de Castelao, aos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidades destinará un total de preto de 25.000 euros.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da vila, Xosé Represas, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, o xefe do Servizo de Infraestruturas, Fausto Núñez, e a deputada provincial, Belén Villar.

Cores Tourís recordou que a administración autonómica pon en marcha estas obras, tal e como se comprometeu, hoxe, día 14 de xaneiro, despois de retrasar os traballos no Nadal co gallo de evitar complicacións aos comerciantes da localidade en plenas festas, “xa que cando existían varias rúas cortadas no centro da cidade por mor de obras que estaba a levar a cabo o concello, e o comercio local estivo a verse afectado nunha época de importante aumento das vendas”. Ademais, o delegado territorial tamén recordou que Ponteareas é cabeceira de comarca, e por tanto, o lugar elixido por moitos veciños dos concellos limítrofes para facer as súas compras desas datas.

A actuación executase con medios da conservación de estradas, que programa o seu traballo segundo a carga que ten en cada momento.

As obras consistirán na execución dun paso sobreelevado no quinto quilométrico 10+600 da PO-403. Tamén se levará a cabo un pequeno tramo de beirarrúa na marxe esquerda da estrada, nun punto que carece del, próximo á intersección coa N-120.

Durante a visita, analizouse a posibilidade de que a Consellería asumira tamén a mellora das beirarrúas de este entorno xa existentes, ao que o delegado territorial respondeu que se trata dunha competencia municipal. Aínda así, poderíase estudar a firma dun convenio entre Xunta e concello de cara a que a administración autonómica se fixera cargo desta mellora e posteriormente cedese ese tramo de vial ao municipio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.