Corina Porro anuncia que o Consorcio Casco de Vello de Vigo xestionará un orzamento no 2020 de preto de 4 millóns de euros

Co obxectivo do ente de dar un pulo definitivo á rehabilitación do barrio histórico, a presidenta do CCVV e delegada da Xunta informou do acordo de revisar o Plan de Actuación 2018-2024 e, de ser necesario, estudar novas achegas
Publicado por o día 05/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Corina Porro anuncia que o Consorcio Casco de Vello de Vigo xestionará un orzamento no 2020 de preto de 4 millóns de euros

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Corina Porro, anunciou hoxe que o ente rehabilitador xestionará un orzamento de preto de 4 millóns de euros no 2020. Así o informou tras a celebración do que foi o seu primeiro Comité Executivo como máxima responsable do organismo público.

Na reunión, na que se aprobou a adxudicación da rehabilitación de Elduayen 31, a reversión ao CCVV do dereito de superficie da sede de Down Vigo na rúa Real 27 e unha proposta de reforma da xestión dos locais comerciais, acordouse tamén a revisión do Plan de Actuación 2018-2024. Se ben, respecto a este último punto, a representante autonómica matizou que a revisión está condicionada a que se fixaxen novas actuacións e, só no caso de ser necesario, se contemplaría incrementar as achegas por parte dos organismos consorciados.

Neste senso, recordou que o programa de actuacións financiase principalmente coa venta de vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo e coas aportacións da Xunta de Galicia nun 90 por cento e o Concello nun 10 por cento. Así as cousas, anunciou o compromiso do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de incrementar a partida prevista de 200.000 ata os 400.000 no vindeiro ano.

“Temos presuposto, preto de 4 millóns de euros, e non podemos perder de vista o obxectivo co que naceu o Consorcio Casco Vello de Vigo, que non é outro que o da rehabilitación, fixando poboación nunha zona ata hai ven pouco recoñecida como deprimida”, apuntou Corina Porro. “Só no tempo que eu levo o fronte do organismo dúas familias máis trasladáronse ao barrio, que xa veu nacer a unha vintena de cativos desde a súa creación”, celebrou.

A este respecto, a presidenta do CCVV aproveitou para recordar o acordo alcanzado coa Administración local e que data de maio do 2017. Segundo dixo, o Concello de Vigo, con Abel Caballero ao fronte, comprometeuse a recorrer a vía da expropiación no caso daquelas edificacións que, por distintos motivos, non poden ser adquiridas polo procedemento habitual no ámbito do casco histórico. “Estamos no 2019 e seguimos sen noticias positivas nesta dirección”, lamentou. Así, conminou ao alcalde a axilizar esta alternativa. “Estariamos a falar concretamente de cinco edificacións”, as correspondentes a Ferrería 1, Abeleira Menéndez 14, San Sebastián 20 e Subida ao Castelo 9 e 11.

Rehabilitación de Elduayen

Por outra banda, Corina Porro informou que o comité aprobou a adxudicación da rehabilitación do edificio da rúa Elduayen 31 á empresa Xestión Ambiental de Contratas, o que permitirá pór en marcha en breve prazo a que é unha das intervencións de maior envergadura acometidas polo CCVV nos últimos tempos. O importe da inversión aprobada hoxe ascende a 692.550 euros.

Esta última actuación, que afecta á edificación con saída á rúa Ferrería, suporá a construción de 6 novas vivendas, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Asemade, outro dos asuntos abordados na reunión desta mañá e aos que fixo referencia Corina Porro foi a reversión do dereito de superficie da sede de Down Vigo na rúa Real 27 en favor do Consorcio do Casco Vello de Vigo. Paso previo á venta posterior á Zona Franca do solo, tras o interese de compra manifestado polo organismos estatal. Esta última operación será abordada no próximo Comité Executivo, previsto para finais do mes de outubro.

Cambios na xestión dos locais comerciais

Por último, os órganos de dirección do CCVV foron informados sobre o proxecto de reforma da xestión dos 16 locais comerciais dos que na actualidade é titular o consorcio.

O proxecto presentado pola empresa Inova Labs destaca a tendencia ao uso colaborativo na explotación dos locais situados en zonas de característica homólogas ao barrio histórico vigués. O seu análise das características físicas e de uso dos locais dispoñibles conclúe cunha proposta de reforma que inclúe a figura dun xestor profesional

Una respuesta para "Corina Porro anuncia que o Consorcio Casco de Vello de Vigo xestionará un orzamento no 2020 de preto de 4 millóns de euros"

  1. Gamela   06/09/2019 at 11:15

    e a obra interminable do arco máis interesante dende un punto de vista arquitectónico e de patrimonio seguirá eternamente afeando a rúa San Francisco (levamos 5 anos e todo segue igual ou peor) https://flic.kr/p/oLcHbG

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.