Corina Porro asiste á inauguración da exposición El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano na Comandancia Naval de Vigo

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Corina Porro asiste á inauguración da exposición El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano na Comandancia Naval de Vigo

A delegada territorial en Vigo, Corina Porro, acompañou este luns ao comandante naval de Vigo Carlos Cárdenas na inauguración da exposición El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano.

A mostra, que estará aberta ao público ata o vindeiro 13 de outubro, rememora a grande xesta que realizaron estes mariños fai xa cinco séculos.