A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, comprometeuse onte co alumnado do Conservatorio Superior de Música da cidade a corrixir as deficiencias detectadas neste centro dependente da Administración autonómica.
A representante do Goberno galego tomou boa nota das demandas que, segundo informou, serán trasladadas de forma inmediata á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para darlles resposta a través da inspección educativa.
En canto ás deficiencias estruturais nas instalacións, Corina Porro informou aos alumnos que serán arranxadas tras a valoración dos técnicos. A este respecto, sinalou que lle trasladará á Consellería a necesidade de que dentro da partida de reparacións de ensinanzas artísticas exista unha dotación para melloras nas instalacións do Conservatorio Superior de Música nos orzamentos do 2020. Entende a delegada que o edificio precisa da reforma demandada en aras da correcta realización da docencia e da interpretación musical a todos os niveis.
En canto ao reforzo do cadro de profesores, Corina Porro, adiantou que solicitará a súa valoración co obxectivo de dar solución ás incidencias acaecidas neste curso en base ás demandas manifestadas polo alumnado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.