Corina Porro comprométese con Down Vigo a axilizar os trámites da solicitude de compra de Zona Franca para a súa futura sede

O organismo levará ao próximo consello a resolución do contrato da cesión do dereito de superficie por 40 anos formalizado con Down Vigo

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada da Xunta, Corina Porro, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa directiva da Asociación Down Vigo, liderada polo seu presidente, José Manuel García Orois, na que comprometeuse a axilizar os trámites da solicitude de compra por parte de Zona Franca dunha edificación no barrio histórico.

Así, o organismo público, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, levará ao próximo Consello de Administración do Consorcio Casco Vello a resolución do contrato da cesión do dereito de superficie que Down Vigo ten sobre un inmoble por 40 anos.

Corina Porro manifestou a súa disposición a iniciar de inmediato os trámites para a venda á Zona Franca dunha propiedade localizada no barrio histórico. Neste senso, insistiu en que ao igual que se venderon inmobles a outras administracións, á Xunta de Galicia, á Universidade e ata o Colexio de Rexistradores da Propiedade, “non lle vemos problema a esta operación que propón Zona Franca”.

Labor do CCVV

Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 78 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 60 están xa totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos, 6 están en proceso de construción e tan só en sete deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.

O consorcio promoveu 106 vivendas, das que 93 xa foron vendidas. En canto a locais comerciais, interveuse en 32, dos cales 6 foron vendidos, 10 están réxime de alugueiro e 16 en proceso de concurso de adxudicación. O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM