Corina Porro pon en valor o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia para a celebración de festivais coma o Sinsal de outono

Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Corina Porro pon en valor o marco incomparable do Museo do Mar de Galicia para a celebración de festivais coma o Sinsal de outono

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, asistiu hoxe á presentación do Festival Sinsal Son Estrella Galicia que, co apoio da Administración autonómica, celebrarase os vindeiros 7 e 8 de setembro no Museo do Mar de Galicia. Neste senso, a representante do Goberno galego puxo en valor o marco incomparable que supón o museo da rede autonómica para celebrar festivais de éxito como o foi “Solpores do Museo” e será, dixo, “Vigo Emerxe”, cuxa primeira edición terá lugar este outono.

Xa para finalizar, Corina Porro, convidou ás familias a gozar este fin de semana cunha oferta cultural que “sorprenderá a todos” e animoulles a coñecer de primeira man os contidos do museo, xa que contan a historia da vinculación desta Comunidade e as súas xentes co mar.