Corina Porro recibe unha representación de mestres do centro educativo sueco Kowvux

Publicado por o día 04/02/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Corina Porro recibe unha representación de mestres do centro educativo sueco Kowvux

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, acompañada polo presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, recibiu hoxe a unha representación de profesores do centro educativo Komvux da localidade sueca de Hässleholm.

Este centro, que ofrece programas de hostalería e restauración, así como educación para adultos e especial, busca acadar sinerxías cos centros vigueses en proxectos Erasmus, tanto de mobilidade coma de asociacións estratéxicas orientadas ao campo da Formación profesional. Unha iniciativa da que deron conta á representante autonómica co obxectivo de abrir vías de colaboración, que Corina Porro comprometeuse a estudar.