Corina Porro supervisa as obras de mellora da accesibilidade do itinerario peonil na PO-552 ao seu paso polo concello de Nigrán

Os traballos consistiron na execución dunha senda peonil no entorno da intersección da AG-57 e ata a rúa Rans nos que se investiron más de 41.000 euros
Publicado por o día 07/02/2020 na sección de Galicia,Nigrán,Xunta de Galicia

Corina Porro supervisa as obras de mellora da accesibilidade do itinerario peonil na PO-552 ao seu paso polo concello de Nigrán

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, achegouse hoxe ata a localidade pontevedresa de Nigrán para supervisar o remate das obras de mellora da accesibilidade do itinerario peonil na estrada PO-552 recentemente executadas.

Segundo informou, os traballos consistiron na execución dunha senda peonil no entorno da intersección da AG-57 e ata a rúa Rans nos que se investiron más de 41.000 euros. Nesta intervención, a glorieta proxectada no punto quilométrico 12+350, na confluencia coa rúa Valle Inclán, vaise axustar na súa construción para reducir a afección, de xeito que non quede interrompido o acceso ao Camiño das Barreiras.

O obxectivo deste tipo de actuacións, recalcou a Corina Porro, é mellorar a seguridade viaria do peón, dotándoo de espazos propios e, neste caso, “a senda non presentaba as condicións adecuadas dende o punto de vista da accesibilidade”, comentou.

Unha intervención que é complementaria ás melloras previstas no proxecto de incremento da seguridade viaria na estrada PO-552, que xa foi adxudicado e conta cun orzamento de 400.000 euros. O inicio dos traballos, informou a representante autonómica, está previsto para o vindeiro mes de marzo.

A delegada territorial, que insistiu no compromiso da Xunta con Nigrán, fixo referencia á senda entre Gondomar e Ramallos, destinada a reforzar a seguridade viaria da PO-340, e na que a Administración autonómica investiu 2,3 millóns de euros; ou o Plan de transporte metropolitano que subvenciona as viaxes de autobús e permite que os menores de 21 anos viaxen gratis.

Por si isto fora pouco, recordou que o Goberno galego está a asumir a xestión da depuradora de augas residuais pese a ser competencia municipal.

Xa para finalizar, Corina Porro reiterou o compromiso firme da Xunta de Galicia, asumido en primeira persoa pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de atender as demandas de manter a semaforización na contorna da panadería “La Pintora” e de estudar solucións que posibiliten que os vehículos cambien de sentido sen ter que chegar a glorieta da Ramallosa.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.