A Corporación insta a Concello e Xunta de Galicia a reforzar o autobús ao Cunqueiro

O Pleno aprobou este mércores unha moción presentada polo PP instando ao goberno de Vigo a reforzar o transporte urbano ao hospital Álvaro Cunqueiro, texto ampliado a iniciativa da Marea demandando da Xunta un transporte interurbano que facilite o desprazamento dos traballadores ao complexo hospitalario.
Publicado por o día 27/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Marea Vigo,Partido Popular,Política,Vigo

A Corporación insta a Concello e Xunta de Galicia a reforzar o autobús ao Cunqueiro

O Pleno aprobou este mércores unha moción -cos votos favorables de PP e Marea e a abstención do grupo socialista- requerindo do Concello e da Xunta de Galicia reforzar os servizos de autobús urbano e interurbano, respectivamente, ao hospital Álvaro Cunqueiro.

O texto inicial presentado polo PP instaba ao Concello a reforzar con carácter xeral o servizo e, en particular, “a incrementar frecuencias en hora punta, ampliar horarios e habilitar novas liñas para atender as necesidades dos traballadores”. Marea de Vigo, na súa intervención, propuxo unha emenda de engádega instando á Xunta de Galicia a reforzar tamén o transporte interurbano, de competencia autonómica, para facilitar o desprazamento dos traballadores ao complexo hospitalario. A emenda foi votada e aprobada pola unanimidade dos concelleiros.