O Corredor do Morrazo rexistrará o martes un corte puntual para avanzar nas obras de conversión en autovía

O tráfico desviarase polas vías habituais, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o necesario para que a duración sexa a menor posible
Publicado por o día 02/04/2017 na sección de Cangas,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O Corredor do Morrazo rexistrará o martes un corte puntual para avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará este martes, día 4 de abril, un novo corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito II, concretamente, nun noiro da marxe esquerda do punto quilométrico 5+500. O corte ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

Os cambios están establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.