O Corredor do Morrazo rexistrará varios cortes para realizar voaduras no tramo II e avanzar nas obras de conversión en autovía

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros
Publicado por o día 19/04/2017 na sección de Galicia,Vigo

O Corredor do Morrazo rexistrará varios cortes para realizar voaduras no tramo II e avanzar nas obras de conversión en autovía

O Corredor do Morrazo rexistrará cortes de tráfico hoxe pola tarde, mañá xoves e o venres, día 21, no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 7+300, entre Rande e o enlace de Meira. Estas actuacións responden á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

Concretamente, as voaduras rexistraranse do seguinte xeito:

 O mércores a zona das voaduras estará localizada entre o punto quilométrico 5+825 e 5+840.

 O xoves, as actuacións executaranse entre o p.q. 5+760 e o 5+780 e tamén no punto quilométrico 4+100.

 Finalmente, o venres, serán no desde o p.q. 5+780 ata o 5+795.

Os cambios están establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.