Corrina Porro visitou o fogar e clínica San Rafael de Vigo

Publicado por o día 08/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Corrina Porro visitou o fogar e clínica San Rafael de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitou hoxe o Fogar e Clínica San Rafael de Vigo, onde tivo a oportunidade de reunirse co equipo directivo, liderado polo xerente Daniel Vieitez Solla e coñecer de primeira man a nova iniciativa desta entidade, que suma a súa actividade ordinaria novos talleres de carácter asistencial.

Segundo recordou a representante autonómica, este centro, da Orde dos Hermanos de San Juan de Dios, é un referente na prestacións servizos de rehabilitación, Educación Especial e talleres ocupacionais, atendendo diariamente a unhas 400 persoas.