Cortes de tráfico Campionato Galego Marcha en Ruta

Por o 09/02/2018 | Sección: Cangas,Deportes,Galicia
Cortes de tráfico Campionato Galego Marcha en Ruta

Con motivo da celebración do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, que terá lugar o vindeiro domingo na explanada do peirao de Aldán en horario de 11:00 a 13:30 horas, a Policía Local procederá á realización dalgúns cortes de tráfico para asegurar o correcto desenvolvemento da mesma. Estas medidas comezarán ás 08:00 horas da mañá e, arredor das 14:00 horas, coincidindo co remate da proba, xe se poderá desmontar o dispositivo para que os coches volvan circular con normalidade.

Na Avenida José Graña instalarase unha indicación de tráfico cortado a 200 metros. Na subida á Igrexa haberá outra sinalización indicando cortes a 100 metros.
Á altura do Colexio da Sagrada Familia os accesos e as saídas estarán totalmente prohibidos a vehículos de todo tipo.
No Barrio Espiñeira interromperase o paso ao peirao, polo que os residentes do lugar deberán saír pola Rúa Areacova ou Rúa Maceira cara Camiño Vello.

A continuación, móstrase unha imaxe do circuíto da proba, sinalado en vermello

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.