O Coruxo sempre foi por diante

Publicado por o día 28/01/2018 na sección de Coruxo F.C,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O Coruxo sempre foi por diante

Tres importantes puntos para o Coruxo, que ante un rival directo xa son catro puntos. Un gran resultado, moi merecido, e tamén curto, xa que o Coruxo cun gran caudal de xogo ofensivo conseguiu impoñer o fútbol que máis lle conviña, e en ataque foi letal. E empezaba moi forte conxunto local, pero por momentos con precipitación nos pases, Miguel en xogada individual dispoñía da primeira ocasión de gol que Alberto neutralizaba con autoridade.

O Coruxo ben plantado e madurando o seu fútbol, e o RV Promesas moi acelerado e fallando pases fáciles, e así foi como o equipo de Rafa Sáez ía de menos a máis e daba os primeiros avisos en ataque. Longos minutos co mesmo guión, Silva ía no eixo do ataque, daba moito xogou á incorporación da segunda liña viguesa. No minuto vinte e sete chegaría o primeiro gol tras un saque de esquina que finalmente Rafa Mella incrustaba ás mallas co 0-1, desde aí, o filial blanquivioleta entraba nunha espiral de imprecisións que eran campo abonado para o ataque verdibranco.

O Coruxo con pausa e control tratando de facer fácil o difícil, e seis minutos máis tarde chegaría o segundo gol dos vigueses por un claro penalti na área local, e Silva desde os once metros anotaba o 0-2, o partido poñíaselle de fronte ao Coruxo. Que tiraba de experiencia e sabía xogar coa ansiedade dos locais. O equipo de Rafa Sáez co partido controlado, e no minuto corenta producíase outro penalti a favor do Coruxo, sobre Silva, pero o colexiado non sinalaba a pena máxima. No segundo tempo non cambiaría en panorama, o Coruxo seguía mantendo a posesión de balón pero aos oito minutos chegaría o gol local, acción a balón parado que posteriormente xerou un balón dividido na área viguesa onde Mario engatillaba ás mallas o 1-2, pero o Coruxo non se puxo nervioso, todo o contrario, a pesar de ter o conxunto valisoletano varias ocasións para empatar.

Dez minutos máis tarde chegaría o gol da tranquilidade viguesa, e Silva executaba un golpe franco con mestría e axustado ao pau e o balón foise ás entrañas da rede co 1-3, morra o conto.

O Real Valladolid Promesas quedaría moi tocado, e nun contraataque vigués chegaría o 1-4 anotado outra vez por Silva, o dianteiro de Tomiño nunha gran actuación deixaba todo visto para sentenza.

No minuto oitenta e tres outro penalti a favor do Coruxo, sobre Alex Arias, pero o colexiado tampouco sinalaba os once metros, e un minuto máis tarde o RV Promesas acurtaba distancias co 2-4 anotado por Antonio Domínguez, o Coruxo terminaba un partido con moi boas vibracións, non só polos tres puntos conseguidos ante un rival directo, tamén pola imaxe ofrecida en ataque.

RV PROMESAS: Lara, Raúl, Cobo, Mario, Velasquez (Pablo 75), Salisu (Suárez 38), Pérez, Carrascal, Antonio, Alvarado (Dani 46), Miguel.

CORUXO FC: Alberto, Pazó, Pablo García, Crespo, Antón, Mella (Mario 79), Yebra, Mateo (Alex Arias 75), André Österholm (Juampa 68), Higón, Silva.