O Club Lóstregos organiza o II Motorok que terá lugar esta fin de semana en Costoias-Tameiga. O sábado 10 de xuño os actos comezarán ás 16.00 horas cun café de benvida seguido, ás 17.00 horas, dunha ruta con pinchada. Ás 19.00 horas haberá exhibicións, concursos e sorteos e ás 22.00 horas concertos de rock e DJ.
O recinto do festival contará cun espazo habilitado para a acampada libre e reparto de almorzo gratis para todos/as os/as que pernocten. Tamén haberá un toro mecánico e hinchables.
Os concertos do sábado serán dos grupos Nocheni e The Liar Papers.
Por outra banda, o domingo 11 de xuño, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha xuntanza de clásicos, tanto coches como motos, camións, etc. O fin de festa será ás 12.00 horas cun pulpeiro e amenizada polos grupos de Baile Moderno AACC San Martín de Tameiga e Flashdance.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.