O CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia organiza un coloquio para aprender a motivar aos rapaces nos estudos

O Concello de Ribadumia informa que hoxe, luns 19 de febreiro, o CPI Julia Becerra Malvar organizará unha charla na que pais e nais poderán coñecer diferentes técnicas para motivar aos seus fillos nas tarefas escolares
Publicado por o día 19/02/2018 na sección de Galicia

O CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia organiza un coloquio para aprender a motivar aos rapaces nos estudos

O coloquio, que terá lugar ás 20:00 horas, será impartido pola psicóloga e terapeuta Rebeca Bastón, experta en terapia familiar. A terapeuta tratará de dar solucións a cuestións relacionadas co rendemento escolar e a motivación dos rapaces, procurando que as nais e pais se involucren mediante os estímulos adecuados. Deste xeito, buscaranse posibles recursos para acadar resultados prácticos nas cuestións que se poden presentar no día a día da formación académica dos escolares.

O acto, que durará entre hora e media e dúas horas, terá lugar no salón de usos múltiples do edificio de secundaria do CPI Julia Becerra Malvar.

O CPI Julia Becerra Malvar convida a tódolos pais e nais de alumnos a acudir a este coloquio e expor as dúbidas que poidan xurdir ao respecto