Crean a “escala auxiliar do SPDCIF” para substituír á do “bombeiro forestal”

Un ano despois da creación da escala de Bombeiro Forestal, o PP e o PSOE van modificar as escalas do SPDCIF a través da Lei de Acompañamento dos orzamentos do 2018.
Publicado por o día 23/12/2017 na sección de CSIF,Sindicatos

Crean a “escala auxiliar do SPDCIF” para substituír á do “bombeiro forestal”

Un ano despois da creación da escala de Bombeiro Forestal, o PP e o PSOE van modificar as escalas do SPDCIF a través da Lei de Acompañamento dos orzamentos do 2018. Todo o mundo sabía, salvo quizá un incompetente, que era necesario modificar as escalas. Desde CSIF vimos reclamando desde fai máis dun ano a creación dun corpo de Bombeiros Forestais graduado ( C2, C1, B) con posibilidades reais de promoción e desenvolvemento da carreira profesional. Tamén reclamamos insistentemente a creación da especialidade de Condutor de Motobomba e a súa inclusión, co resto de categorías do grupo IV, no subgrupo C1.

Con todo, non se lles ocorreu outra cousa que pactar a ELIMINACIÓN DA ESCALA DE BOMBEIRO FORESTAL e substituíla por outra denominada ESCALA AUXILIAR DO SPDCIF. Nela inclúen só tres especialidades; Vixiante/ Emisorista, Bombeiro Forestal Condutor de Motobomba (carné C) e a de Bombeiro Forestal (carné B).

Nestes momentos pouco máis podemos explicar sobre unha modificación pactada por uns incompetentes que descoñecen absolutamente a realidade do Servizo de Incendios. E mentres estes rebentan o Servizo, a Consellería do Medio Rural segue facendo abandono absoluta das súas funcións, entre elas, a de tutelar os dereitos e obrigacións dos seus traballadores.

Unha reflexión final; se non querían asinar o Acordo de Bombeiros Forestais e Segunda Actividade que non o asinaron. Pero o que non se pode facer agora é estar ao bombardear continuamente para facer imposible o seu cumprimento. A solución a todo este desastre é simple:

– Cumprimento do Acordo de Bombeiros Forestais e Inmediata convocatoria das oposicións ás categorías de persoal laboral do SPDCIF baixo as seguintes premisas:

Os procesos deben desenvolverse previamente aos futuros procesos de funcionarización Incluír a totalidade das prazas vacantes.​

– Creación dun corpo de Bombeiros Forestais graduado ( C2, C1, B) con posibilidades reais de promoción e desenvolvemento da carreira profesional.

– Negociación dun decreto de funcionarización que garanta os dereitos de todo o persoal laboral do SPDCIF.