Crean un crowdfunding para a construción dos fogares vítimas da explosión da pirotecnia

O pasado 23 de maio, no pequeno municipio de Tui, unha polvoreira causa unha catástrofe… Todos sentimos un forte estrondo, de feito sentiuse en toda a zona sur de Pontevedra. Despois, xa se deixaba ver o fume branco, coma se saíse dunha película, unha columna inmensa en forma de cogomelo. O Whatsapp desbordaba, sobre todo no chat de amigos, un deles tenia unha casa na zona. Foi unha das casas esnaquizadas pola explosión. A partir de aquí, o resto da información foi chegando aos poucos. A explosión esnaquizou todo ao seu paso nun radio de 300 metros.

Máis dunha vintena de vivendas completamente destruídas e máis dun centenar danadas. Ata agora, e polas últimas noticias, calcúlanse que son 28 persoas feridas e 1 persoa falecida, o problema é que esta tortura non terminou para moitos dos nosos veciños. Hai varias persoas desaparecidas. A zona 0 é un escenario de guerra, un estudio dantesco… Non temos nin idea de como axudarlles se non é tentando crear algo para que todos aqueles que quedaron sen fogar poidan reconstruílo de novo e o máis pronto posible. Sei que é difícil para todos eles, e o meu máis profundo pésame para aquelas persoas que non só perderon o fogar, se non tamén a un familiar. Por todas elas, botemos unha man.

Esta campaña foi creada por Andrea Costa Amorín, veciña de Tui. As persoas que agora mesmo quedáronse sen fogar necesitan unha resposta inmediata, non empezar dentro dunha semana, necesítase recadar fondos canto antes. O diñeiro colleitado terá como prioridade as persoas que se atopan desaloxadas e sen unha segunda vivenda á que recorrer, porque entendemos que é a máxima prioridade agora mesmo. A conta á que se enlazará esta campaña será a conta oficial que abra ou a Asociación Cultural de Guillarei. Ata entón os fondos séguense recollendo (sen estar enlazados a ningunha).
Moitas grazas, aquí poden facer a sua achega https://www.gofundme.com/ym8w3m-construccion-de-hogares

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM