Crise de réxime: Espazo Ecosocialista aboga por un frente democrático e constituínte para as municipais

Publicado por o día 02/06/2014 na sección de Espazo Ecosocialista,Política

Crise de réxime: Espazo Ecosocialista aboga por un frente democrático e constituínte para as municipais

Espazo advirte que a xefatura do estado non pode resolverse cun cambio de tronos

Espazo Ecosocialista aboga por un frente democrático e constituínte para as municipais

  Espazo Ecosocialista cre que a abdicación do Rei Juan Carlos I débese a maré cidadá cada vez máis ampla que na rúa esixe cambios profundos e democráticos. De feito os resultados das pasadas eleccións supuxeron un forte golpe para o réxime bipartidista, que de seguro seria máis grande de ter concorrido toda a esquerda democrática nunha única candidatura.

 Para Espazo Ecosocialista, agora xa non se trata soamente dun cambio de tronos senón de abordar un novo proceso constituínte para unha nova democracia que permita abordar os aspectos que durante a chamada transición non se puideron abordar pola tutela das forzas provintes da ditadura, entre elas a da xefatura do estado.

 Espazo Ecosocialista alerta diante do intento das élites de planear unha estratexia lampedusiana de ‘cambiar algo para que nada cambie’ e chama as forzas políticas e sociais democráticas para abordar as próximas eleccións municipais en clave constituínte, vertebrando unha fronte ampla democrática que permita abrir un proceso de nova democracia, que traia, á vez e nun proceso unico, a III republica española e a I republica galega.

 Desde Espazo Ecosocialista cremos que debese apreder dos erros, pois si ven os resultados das europeas foron o inicio do fin do bipartidismo, perdeuse unha oportunidade historica para terlle dado un golpe de morte ao actual modelo político. Para iso é necesario a participación da sociedade civil, dos movementos sociais, coma unha oportunidade para reclamar a construcción cívica e republicanista da nova democracia, entre todas e todos, desde a cidadanía, non desde as cúpulas ou das élites.

Por último Espazo Ecosocialista chama a concentrarse ás 20:00 horas diante dos concellos cunha única reivindicación, Referendum Xa, Democracia Participativa. Cortes Constituíntes !

PRENSA ESPAZO ECOSOCIALISTA