Cristal Méndez Queizán imparta un obradoiro de canto para adultos coa colaboración da agrupación musical de Goián

AS PERSOAS INTERESADAS PÓDENSE ANOTAR A TRAVÉS DO CORREO INFO@BANDADEGOIAN.GAL OU CHAMANDO AO TELÉFONO 626799623
Por o 20/03/2019 | Sección: Galicia,Tomiño
Cristal Méndez Queizán imparta un obradoiro de canto para adultos coa colaboración da agrupación musical de Goián

Cristal Méndez Queizán imparte un obradoiro de canto para adultos coa colaboración da Agrupación Musical de Goián. Trátase dun obradoiro de iniciación ao canto impartido por Cristal Méndez Queizán coa colaboración da Agrupación Musical de Goián, que vai ser realizado no auditorio de Goián os xoves de 20:00 a 21:30 h. dende o 4 de abril ata o 30 de maio. A inscrición ten un coste de 10€. As persoas interesadas pódense anotar a través do correo info@bandadegoian.gal ou chamando ao teléfono 626 799 623.

Este taller está dirixido a persoas adultas de todas as xeneracións, e non son necesarios nen coñecementos específicos de música nen unha experiencia previa no canto. A elección dun repertorio moderno, non pretende banalizar ou comercializar o feito musical se non abrazar canles expresivos propios da modernidade como son o ritmo, a corporalidade a liberdade creativa e a improvisación.

Cristal Méndez Queizán é mestra de Música pola Universidade de Barcelona con un Master en Artiterapie (terapias artísticas: musicoterapia, danzaterapia, dramaterapia e arteterapia plástico/figurativa) pola Universidade de Roma 3. Ten estudos de música e canto (jazz)  e de danza/teatro, e proven dun longo percorrido con experiencia internacional como ensinante e como artista escénica. Residiu en varias cidades europeas (Berlín, Barcelona e Roma) e é políglota. Os últimos dez anos pasounos en Roma onde traballou como ensinante de canto e música ao tempo que proseguía a súa especialización nos eidos do canto e das terapias artísticas. Regresa en 2018 a Galicia coa súa familia coa intención de establecerse no Baixo Miño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.