Critican que a Enfermería de Atención Primaria en Vigo sexa o banco de probas do Sergas coa nova TRIAP

A xerencia de Vigo adiántase e acepta unha vez máis que as/vos enfermeiras/vos da área sexan os que desenvolvan novos procedementos como o TRIAP, cando aínda se está tratando de organizar desde a Consellería e o Sergas, a reforma da Atención Primaria a través do Consello Técnico.
Publicado por o día 07/06/2019 na sección de Galicia,Sanidad,SATSE,Sindicatos,Vigo

Critican que a Enfermería de Atención Primaria en Vigo sexa o banco de probas do Sergas coa nova  TRIAP

O Sindicato de Enfermería advirte do rexeitamento total sobre a forma na que a xerencia está a impoñer o chamado TRIAP, ás/os profesionais de Enfermería en Atención Primaria da área de Vigo. SATSE está en contra do “adianto, forma e fondo de facelo en Vigo, sen medios para desenvolvelo e sen seguridade xurídica”.

Moitas enfermeiras xa mostraron o seu total desacordo ante este sindicato pois, entre outras cuestións, a incorporación deste novo servizo non lles ofrece ningún tipo de seguridade xurídica, pois nada ten que ver co método de triaje que se realiza nos centros hospitalarios, onde contan cun programa protocolizado e contrastado.

Outra cuestión importante é que, esta medida carece de apoio normativo, pois se está implantando nos centros de atención primaria mediante reunións informativas, pero sen estar avalada por unha resolución para o efecto por parte do Sergas, Consellería de Sanidade ou xerencia, así como un protocolo que seguir, tal e como ten establecido o triaje nos centros hospitalarios, onde un programa establece o código de prioridade por cores. No TRIAP é a opinión do profesional a que lle leva a decidir o código de cor que debe dispensar en cada caso, deixándoo en inseguridade xurídica ante calquera posible problema.

Outro dos motivos para o seu rexeitamento é a sobrecarga sobre a enfermeira, que terá que levar a cabo este traballo a maiores do que xa vén realizando actualmente. Ademais, isto significa que unha vez máis son os profesionais de enfermería os que se expoñen ante os pacientes para determinar se o seu problema é urxente ou non, ou que mesmo deben pedir cita para outro día, coas consecuencias que poida supoñer como posibles agresións. Lembrando que é o colectivo enfermeiro o que máis as sofre.

Desde o Sindicato de Enfermería consideramos que implantar este tipo de procedemento na forma na que o está levando a cabo supón unha total irresponsabilidade. SATSE advirte que a xerencia de Vigo debe esperar a implantar este sistema, ata que sexa a Consellería de Sanidade e o Sergas quen o teña totalmente desenvolto, con previo consenso de todos os axentes que participan no Consello Técnico para a reforma de Atención Primaria.

Una respuesta para "Critican que a Enfermería de Atención Primaria en Vigo sexa o banco de probas do Sergas coa nova TRIAP"

  1. Gamela   08/06/2019 at 22:00

    Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk
    Non máis colaboracionismo cun Sergas Asasino !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.