Crónica da concentración desta mañá para denunciar o mal funcionamento dos Servizos Sociais do Concello de Vigo

Publicado por o día 06/02/2014 na sección de Vigo

Crónica da concentración desta mañá para denunciar o mal funcionamento dos Servizos Sociais do Concello de Vigo

 Esta mañá ás 11:30 horas, medio cento de persoas concentráronse no Concello de Vigo convocadas pola Oficina de Dereitos Socias-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) para denunciar unha vez máis a indefensión á que enfróntanse con frecuencia as persoas que achéganse aos Servizos Sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a sufragar necesidades sociais tan elementais como vivenda, alimentación, vestimenta…

 Unha vez alí, fixeron unha entrega colectiva no Rexistro dun escrito dirixido aos Valedor do Cidadán, ao Valedor de Pobo e ao Defensor del Pueblo no que solicitanlle que interveñan para poñer fin ao funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Social (AEM).

PRENSA ODS COIA
FOTOGRAFÍA: ROBERTO SOLANO