Crónica de Abertal sobre campamento VIIII Mañás de Nadal

Por o 09/01/2019 | Sección: Galicia,Social,Vigo
Crónica de Abertal sobre campamento VIIII Mañás de Nadal

Outro ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (sita Rúa Venezuela 3 baixo), socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, abriu as súas portas as pequenas e pequenos de Vigo no campamento “Mañás de Nadal” dende o día 24 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro do 2019, ambos incluídos. Rapazas e rapaces, xunto coas animadoras reuníronse cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde.

Na octava edición do campamento, rapazas/ces gozan das súas vacacións en Abertal, facilitando desta maneira que as súas familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, acolleron a 62 rapaces e rapazas.

A programación do campamento estivo formada por varios tipos de actividades tales como obradoiros de cociña, creación de adornos de nadal e postais navideñas, grandes xogos, xogos populares, excursións (concurso de Beléns de Afundación e visita ao Mercado do Progreso) e ata xerminamos preto de 300 árbores para plantar en primavera en Chandebrito.

Así que este Nadal o centro de lecer xuvenil foi ocupado polas mañás por nenos e nenas de 3 a 12 anos da cidade. Queremos que Abertal sexa un lugar para rir, soñar, xogar, imaxinar e crear, de todo menos aburrirse.

Se tes ganas de vivir esta aventura, aínda estás a tempo! Apúntate ás próximas actividades que temos preparadas para o Entroido.

Mira o ben que o pasamos nestas fotos 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.