Crónica de la concentración Galicia contra la Guerra

Publicado por o día 21/02/2016 na sección de Social,Vigo

Crónica de la concentración Galicia contra la Guerra

Ayer, 19 de febrero, en el MARCO, tuvo lugar una concentración de solidaridad con los refugiados, convocada por los grupos integrantes de Galicia contra la guerra imperialista.

Durante la misma, a lo largo del minuto de silencio final, se escucharon sonidos reales de guerra: explosiones, metralletas… con el fin de que los asistentes pudiesen imaginar el infierno que supone encontrarse huyendo de la barbarie, sobre todo cuando al final del recorrido en muchas ocasiones, aparece una alambrada de espino.

Manifiesto:

Catro anos de guerra en Siria causaron preto de 250.000 mortes e o desprazamento interno de 13,5 millóns de persoas (máis da metade dos 20 millóns que vivían en Siria , ao inicio da guerra) e 4,2 millóns de refuxiados sirios nos países veciños.

Solicitantes de asilo de Afganistán, Siria e Irak relatan incidentes de retornos forzosos, agresións policiais, mordeduras de cans policía…

O discurso mediático inicial, de solidariedade masiva cos refuxiados foise desenmascarando en estigma, usando a estas persoas como arma de guerra: o lema mudou de “benvidos, refuxiados” á discriminación, a xenofobia, aos abusos, e ás vexacións.

Igualmente, non son poucas as voces que intentan que se vincule aos fuxidos coa situación de pánico internacional por ameaza terrorista, convertíndoos en cabezas de turco aos que sinalar como escusa da crise europea.

Europa finxe que se está ocupando dun conflito cando o que fai é puro teatro, arroupada por un firme aparello internacional de propaganda de adoctrinamento.

A confiscación de bens legalizouse en Dinamarca, Alemania e Suiza, onde se obriga a quen solicite asilo a entregar as pertenzas, que lles son retiradas durante un rexistro no acceso á acollida coa escusa de sufragar comida e asilo ou para que non abusen do presunto estado de benestar destes países.

Ás veces desposúenos das súas pertenzas só alegando controis fronterizos, empregando  protocolos análogos aos dun arresto ordinario. A situación de conflito é insostible. Persistentes violacións dos dereitos humanos perpetradas aos fuxidos, que están a sufrir crimes de guerra con sanguenta impunidade . Por eles, e por todos os fuxidos dos territorios, os exiliados de CALQUERA guerra miserenta , vimos amosar o noso rexeitamento, e a berrar:

NON aos repugnantes crimes de guerra!!!!!

PRENSA GALICIA CONTRA LA GUERRA