Crónica do II Festival Son [email protected]

Garabelos acolleu un Festival Son [email protected] moi crítico cos atrancos da Administración ás granxas que apostan por modelos alternativos
Publicado por o día 22/09/2018 na sección de SF Intersindical,Sindicatos

Crónica do II Festival Son Labreg@

A aldea de Garabelos (Chantada) está a ser o escenario da segunda edición do Festival Son [email protected], que comezou xa de mañá cunha palestra na que participaron mozos e mozas que están a desenvolver interesantes proxectos gandeiros en clave agroecolóxica. Ana Corredoira (Lácteos A Cernada, Palas de Rei), Alberto Santín (gandeiro de ovino e caprino, Samos), Xosé García (Casa da Fonte, lácteos, Pantón) ou Mónica Llenderrozos (gandeira de Oscos, Asturies) foron as persoas encargadas de iniciar un rico diálogo no que participou o público asistente. Nesta conversa, un dos principais denominadores comúns foi a enorme cantidade de atrancos legais e a burocracia moitas veces insuperable á que teñen que facer fronte dende o primeiro momento.

A falta de conexión da Administración coa realidade ou o apoio interesado que se lle dá a un modelo agrícola produtivista e en clave industrial, fai que as granxas familiares de pequeno e mediano tamaño, ou aquelas que apostan por modelos alternativos, como as agroecolóxicas, queden sempre marxinadas e cun sistema legal e administrativo que vai contra elas e as súas realidades. Obviamente, as diversas administracións, tanto Consellaría de Medio Rural como Ministerio de Agricultura, poderían facer moito máis por este tipo de proxectos aprobando leis e normas que favorecesen este tipo de producións a pequena escala que apostan por transformar e comercializar os seus propios produtos. Pero todo son atrancos polo que, xa lonxe de agardar apoios dende as administracións, os gandeiros e gandeiras participantes afirmaron que se conforman “con que non nos amolen. Xa que non nolas queren dar, que non nos dean axudas pero, polo menos, que non nos poñan continuamente atrancos”.

Tras unha sesión vermú na que Anxo Moure actuou para a rapazada, e despois do xantar, as palestras continuaron centrando a ollada na cultura que se está a desenvolver no rural. Participaron, desta vez,Antón Bocixa (cineasta, xestor da produtora audiovisual Tingalaranga e cantante do grupo Zënzar), Anxo Moure (Cinema Palleiriso e Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental), Lola Tourón(Cestería Viva) e Rural CE.

Unha vez remata debates, a programación estivo máis centrada no lecer, con obradoiros de cestería e de regueifas, un torneo de billarda, ou a realización dun túnel de cata de viños no que participaron tres adegas da Ribeira Sacra. Ademais, durante toda a xornada houbo diversos postos de venda no entorno do Cinema Palleiriso nos que se podía mercar queixos, mel, produtos do comercio xusto, libros, cosmética natural, xoguetes ou pezas artesás de roupa, ourivaría, cestería e encadernación. Xa para a noite, a partir das 23:00 horas, chegaron os concertos da man das Punkdereteiras (Chantada), Liviao de Marrao (Chantada), Quinta Xusta (Melide) e DJ Peter.