Crónica do peche do sábado 15 “Vivir dignamente é un dereito”

Publicado por o día 16/02/2014 na sección de PAH Vigo,Social,Vigo

Crónica do peche do sábado 15 “Vivir dignamente é un dereito”

  Un gran número de persoas, que chegou en varios momentos da xornado ao centenar, levaron a cabo o sábado 15 un peche de 12 horas nos baixos da paroquia Cristo da Victoria cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.

  Convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, o Grupo e Axitación Social e o Colectivo Imán, pecháronse, dende as loitas cotiás e comúns deste colectivos, porque pechan todos as portas; pecháronse, aúnque que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedad toda os vexan e escoiten; pecháronse, en fin, para reivindicar o dereito a vivir dignamente ao tempo que compartiron un espazo privlexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xusta e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñer.

  Pola mañá compartiuse  información e experiencias nun obradoiro sobre as axudas sociais autonómicas e municipais, e despois o Colectivo Imán falou do Programa Sereos do Casco Vello e do conflito xurdido polo peche do local onde era desenvolvido o traballo diario. Tralo xantar común, reflexión a partir da proxección do documental “La plataforma”, que da conta das orixes e do traballo realizado pola PAH. 

   A media tarde o grupo de rap formado por rapaces do barrio de Coia “Ostiapadre” interpretou as súas letras críticas co sistema; e finalmente charlacoloquio onde se pretendía achegar algunhas alternativas reais á situación actual de empobrecemento e precariedade, coa presentación, por parte da PAH e da ODSCoia, de dúas Iniciativas Lexislativas Populares que están a impulsar respectivamente: a ILP de Vivenda e a ILP da Renda Básica.

 A Xornada rematou cunha cea compartida e a intuición de que, na loita cidadá polos dereitos sociais, compartir espazzos, experiencias e iniciativas, enche de novas forzas a todas as persoas e colectivos implicados. 

PRENSA ODS COIA