Cruz Roja segue sen aplicarlle o convenio ao persoal do albergue municipal de Vigo a pesar da sentenza que a obriga

Non actualiza os salarios dos 24 traballadores/as dende o ano 2016
Por o 25/02/2019 | Sección: CIG,Galicia,Sindicatos,Vigo
Cruz Roja segue sen aplicarlle o convenio ao persoal do albergue municipal de Vigo a pesar da sentenza que a obriga

A Asemblea Nacional de Cruz Roja Española, entidade que xestiona o Centro Integral de Inclusión e Emerxencias Sociais (CIIES) do Concello de Vigo, négase a aplicar o convenio colectivo que rexe no sector a pesar da sentenza xudicial que a obriga. A ONG ainda non actualizou os salarios do cadro de persoal, integrado por 24 persoas, conforme ao establecido no convenio de Acción e Intervención Social.

Esta problemática remóntase a finais do ano 2016, cando a ONG faise coa xestión do albergue municipal vigués pero non subroga os traballadores/as nas mesmas condicións que tiñan coa empresa anterior. A delegada de persoal, da CIG, intenta sen éxito dialogar coa dirección para que aplique o convenio correspondente, o estatal de Acción e Intervención Social.

En xaneiro do ano seguinte os traballadores/as deciden presentar unha demanda de conflito colectivo contra a entidade, e de xeito paralelo denuncian a súa situación diante da Inspección de Traballo, que ameaza a Cruz Roja con sancións. O Xulgado atende as súas reivindicacións e nunha sentenza feita pública o 19 e outubro establece que o convenio de aplicación é o anteriormente citado.

Pero a día de hoxe a ONG continúa sen aplicar o convenio e sen actualizar os salarios. O persoal non cobrou dende 2016 conforme ao que fixa o convenio, o que, segundo denuncian, supón un importante prexuízo económico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.