Cs acompaña aos traballadores de Vulcano na súa protesta ante o Parlamento de Galicia

As candidatas de Cs pola Coruña, María Vilas, e por Pontevedra, Beatriz Piñeiro, esixen á Xunta de Galicia “unha solución” para o estaleiro vigués
Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Naval,Política,Vigo

Cs acompaña aos traballadores de Vulcano na súa protesta ante o Parlamento de Galicia

As deputadas de Cs pola Coruña, María Vilas, e por Pontevedra, Beatriz Pino, acompañaron aos traballadores de Vulcano na súa protesta ante o Parlamento de Galicia para esixir unha solución ao estaleiro vigués.
 
A candidata da formación liberal pola Coruña quixo mostrar todo o seu apoio aos traballadores, “sumámonos e apoiamos, un día máis, as reivindicacións dos traballadores de Vulcano”.
 
Pola súa banda Beatriz Pino, lembrou que hai 70 familias afectadas que “non saben que vai pasar co seu futuro” e mentres tanto, a Xunta de Galicia nin o Conselleiro de Industria reuníronse con eles para buscar unha solución.
 
“Non saben que vai pasar co seu futuro e ninguén lles dá unha explicación”, insistiu a candidata da formación liberal por Pontevedra.
 
Para finalizar, Beatriz Pino, asegurou que unha opción que defenden os traballadores, “ e nós tamén”, é reconverter o estaleiro vigués nun centro de reparación naval.

Comentar noticia

Your email address will not be published.