Cidadáns celebrou este venres na localidade pontevedresa de Ponte Caldelas o Día de dás Letras Galegas. Un acto que tamén serviu para arroupar á candidata de Cs a esta alcaldía e que ha contando coa presenza dos candidatos da formación laranxa a estas eleccións municipais.
Este gran “Encontro Cidadán” contou coa presenza do secretario de organización en Galicia, Laureano Bermejo; as deputadas nacionais pola Coruña e Pontevedra, Marta Rivera e Beatriz Pino; e a candidata de Cs á alcaldía de Ponte Caldelas, Selene Domínguez, entre moitos outros militantes do partido.
En Cs cremos na nosa terra nas nosas raíces e “prometemos non esquecernos de onde procedemos, neste día tan conmemorativo como é o día das letras galegas”, asegurou Domínguez.
O día das letras galegas, un día no que toca reclamar “Liberdade, Igualdade e Xustiza” para a lingua, para Galicia e os seus costumes pola que debemos loitar e posicionar, e desde Ponte Caldelas apostamos por un proxecto baseado nas inquietudes dos nosos veciños.
A deputada por Pontevedra, Beatriz Pino, destacou a figura de Selene Domínguez, e está convencida de que a candidata de Cs a esta alcaldía será a próxima alcaldesa desta localidade pontevedresa.
“Imos coas mans limpas e sen mochilas, os de Cidadáns somos de fiar. Os de cor azul están moi nerviosos”, destacou Pino.
A deputada por Pontevedra asegurou que en Galicia “xa estamos asentados, temos madurez política e chegamos para quedarnos. Van escoitar no Congreso, cáibanosvos dúbida”.
Pola súa banda, o secretario de organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, está convencido de que imos ter representación na gran maioría dos concellos galegos, “están moi preocupados e asustados”.
“Sodes o futuro de Cidadáns e a imaxe que queremos transmitir. Sodes xente na que se pode confiar e traballadora”, asegurou Bermejo ante decenas de militantes e simpatizantes.
Para finalizar, a deputada pola Coruña, Marta Rivera, destacou a importancia que teñen os votos nunhas eleccións e asegurou que nestas municipais hai que saír a votar, “ninguén se pode quedar na casa. O poder da xente está no voto”
Rivera pediu que ninguén quede en casa, xa que este domingo “cada voto conta, e conta moito”.
Por último e aínda que, o día de hoxe está dedicado a Antonio Fraguas, Rivera quíxose acordar de Rosalía de Castro, “a primeira muller que recuperou o galego e á que se dedicou este día”.
“Os votos do BNG son votos para Bildu e ERC Hai que dicilo, moita xente non o sabe. A xente ten que saber que está a votar nas eleccións europeas”, finalizou Rivera.


Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.