Cs Coruña solicita ao alcalde a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade tras os sucesos no barrio do Castrillón

Ángel Cousillas: “propoñemos a elaboración dun estudo sobre a seguridade na nosa cidade no que participen de maneira activa os veciños e comerciantes”
Publicado por o día 14/10/2018 na sección de Ciudadanos,Política

Cs Coruña solicita ao alcalde a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade tras os sucesos no barrio do Castrillón

Desde Cidadáns na Coruña solicitouse ao alcalde da cidade para a convocatoria urxente da Xunta local de seguridade para poder abordar os últimos acontecementos ocorridos na cidade “o apuñalamento dun home no barrio do Castrillón”, caso que vén precedido doutros sucesos similares ocorridos noutros barrios próximos, todos eles lindeiros coa unha zona mesma zona conflitiva e coñecida por “ trapicheo de drogas”.

Angel Cousillas, coordinador e portavoz de Cs na cidade alerta da problemática existente na cidade debido a “un conflito laboral incipiente do Concello coa policía local” que, en opinión do portavoz local de Cs “creou un clima de inseguridade xeneralizado”.

Por todo iso e para poder poñer solución canto antes a este problema de inseguridade cidadá, desde cidadáns “pedimos que se analicen en profundidade os problemas crónicos arrastrados durante os últimos anos, consecuencia da perda de efectivos a pé de rúa, a escaseza de medios materiais e a mínima presenza de patrullas na quenda de noite”.

Desde Cidadáns, proponse a elaboración dun amplo estudo sobre a seguridade na nosa cidade “no que participen de maneira activa os veciños e comerciantes como coñecedores “de primeira man” da problemática actual” ha comentado o coordinador local de Cs.