Cs Galicia apoiou as reivindicacións dos traballadores do Hospital Clínico de Santiago

María Vilas e Miguel Fritiría estiveron presentes na marcha desta tarde como representantes da formación laranxa en Santiago
Publicado por o día 10/01/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cs Galicia apoiou as reivindicacións dos traballadores do Hospital Clínico de Santiago

Representantes de Cidadáns Galicia quixeron sumarsonse na tarde de onte á manifestación do servizo de urxencias do CHUS, cuxos traballadores levan case dous meses de folga para pedir máis persoal, para protestar polo estado deste servizo e para reclamar melloras no mesmo.
 
Na marcha, que partiu superadas as sete da tarde da céntrica praza Vermella con rumbo ao centro histórico, estiveron presentes membros de Cidadáns encabezados pola coordinadora e portavoz da formación laranxa en Santiago, María Vilas e por Miguel Fritiría, membro de Cs Santiago.
 
Tras a súa participación na marcha, María Vilas, explicou que, “non podiamos deixar de estar hoxe aquí apoiando coa nosa presenza, unha vez máis as reivindicacións dos traballadores de urxencias, porque queremos e cremos nunha sanidade de calidade que todos merecemos”, unha sanidade de calidade, que, explicou Vilas, “necesita ser dotada de medios, necesita duns profesionais que teñan ao seu servizo os medios e as condicións necesarias para levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións, e por iso solicitamos unha dignificación dos traballadores”. “Esas melloras, hoxe aqui reclamadas, ha concluído a coordinadora de Cs, “son máis que necesarias, e non teño ningunha dúbida de que cando cheguen repercutirán nunha atención de maior calidade e vital para todos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.