Cs Galicia chama á unión ante a situación das Pontes e esixe unha solución

A candidata de Cs pola Coruña, María Vilas, reúnese con representantes dos principais sindicatos da central térmica das Pontes e culpa a PP e PSOE de non ser capaces de favorecer a transición enerxética en España.
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Cs Galicia chama á unión ante a situación das Pontes e esixe unha solución

A candidata de Cs pola Coruña, María Vilas, mantivo este luns un encontro cos traballadores da central térmica das Pontes para trasladarlles o seu apoio e esixiu unha solución a Endesa xa que “detrás deste problema hai persoas, cada unha delas cunha familia ás súas costas. Hai en xogo máis de 700 postos de traballo directos e indirectos”.

A candidata da formación laranxa ha asegurado que nin PP nin PSOE foron capaces de favorecer a transición enerxética no noso país e ir cara a un modelo que aproveite os recursos menos contaminantes que promovan a especialización. “España é un dos que máis horas de sol teñen ao día en Europa e non o aproveitamos, seguimos sendo importadores de enerxía, dependemos de países estranxeiros”, destacou Vilas tras este encontro.
Cs Galicia entende que estes problemas xorden por non facer antes os deberes e “esiximos o apoio de todas as institucións públicas para buscar unha solución que non poña en xaque a vida industrial desta comarca”.
Os traballadores, pola súa banda, trasladaron á candidata de Cs pola Coruña a necesidade dunha maior implicación de todas as administracións. Insistiron en que hai que buscar saídas laborais a unha fábrica que investiu en melloras e que a día de hoxe é punteira en España. “A central ten as instalacións perfectas e pedimos materiais máis ecolóxicos para poder seguir funcionando”, insistiu os representantes dos sindicatos a Vilas.
Os traballadores tamén trasladaron que queren ser unha solución en lugar dun problema e facer un biocombustible respectuoso co medioambientalmente. Para alcanzar este obxectivo piden o compromiso firme de todas as Administracións implicadas e consideran que a reunión que teñen este mércores co Ministerio de Transición Ecolóxica marcará as súas próximas accións porque advirten non se van a quedar parados.

Para finalizar, Vilas lembrou que en Cidadáns Galicia propoñemos medidas decididas para a redución de impacto ambiental como son as propostas en materia de transición cara a un novo modelo enerxético onde se favorezan as enerxías renovables e non contaminantes.