Cs Vigo apoia as reivindicacións do persoal de Atención Primaria da área de Vigo

Instamos á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que asuma de forma urxente os compromisos adquiridos para frear a deterioración asistencial na área de Vigo
Publicado por o día 22/05/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Cs Vigo apoia as reivindicacións do persoal de Atención Primaria da área de Vigo

A Agrupación de Cidadáns Cs Vigo reitera o apoio xa manifestado o pasado 10 de decembro, ás demandas dos xefes dimitidos e persoal dos Servizos de Atención Primaria da área de Vigo, e que seguen sen ser solucionadas de forma satisfactoria.
 
A escaseza de persoal e o exceso de carga de traballo nos Servizos de Atención Primaria repercute no nivel de atención de todo o sistema sanitario. É necesario acometer de forma urxente as medidas contempladas e os compromisos asumidos pola Consellería de Sanidade o 8 de abril de 2019.
 
A agrupación de Cidadáns Cs Vigo apoia a reivindicación da correcta planificación das incorporacións e ampliación do persoal dos recursos humanos de Atención Primaria de Vigo, de modo que se cumpran as cocientes de número de pacientes e se dote dos medios suficientes a este primeiro nivel asistencial, que repercutirá na calidade e eficiencia de todo o sistema sanitario.
 
Cidadáns Cs Vigo apoia a folga e reitera que os investimentos no primeiro nivel asistencial supoñen un aforro de custos nos niveis superiores e alivian claramente a demora na atención a nivel hospitalario.
 
Instamos á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que adopte de forma urxente todos os compromisos asumidos e aqueloutras medidas continxentes que sexan necesarias para garantir o correcto funcionamento e evitar a deterioración no nivel asistencial aos usuarios do servizo público de saúde da área de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.