Cs Vigo pide unha “solución urxente” á grave deterioración que presenta o paseo marítimo de Vigo

Gregorio García, Coordinador de Cs Vigo: “O cruzamento de acusacións entre Porto e Concello non pode servir de escusa para non realizar as reparacións necesarias”
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Cs Vigo pide unha “solución urxente” á grave deterioración que presenta o paseo marítimo de Vigo
Cidadáns Vigo pide unha “solución urxente” á grave deterioración que presenta o paseo marítimo de Vigo xa que, lamenta Gregorio García, coordinador de Cs Vigo, “Transcorridos máis de dous meses, Concello e Porto seguen sen sentar a negociar e o máis grave é que o paseo segue sen arranxar e os vigueses sufrindo as consecuencias”. “vigueses e turistas que chegan á nosa cidade en cruceiro, utilizan este paseo diariamente e dado o seu estado actual, non só proxecta unha imaxe de abandono da nosa cidade, senón que supón ademais un perigo para os viandantes”.
 
Desde Cs insístese en que o cruzamento de acusacións entre o Porto de Vigo e o Concello polas competencias da zona “non pode servir de escusa para non adoptar ningunha solución no paseo marítimo de Vigo”, por iso, desde a formación laranxa proponse precintar aquelas zonas do Paseo Marítimo que debido ao seu mal estado de conservación presenten un risco para os viandantes, e ínstase a que “o Presidente do Porto de Vigo e do Concello de Vigo senten nunha mesa para negociar e acordar unha solución inmediata para a zona”.
 
“Cremos que o Goberno Local fai deixamento de funcións en moitos espazos da cidade onde comparte competencias con administracións supramunicipais (Xunta de Galicia e Porto de Vigo)”, explica o portavoz local de Cs, quen sinala ademais como culpable da situación que se vive na cidade ao Goberno Socialista de Abel Caballero, que en opinión de García “Debería ser quen se ocupe e preocupe de todo o que ocorra dentro do termo municipal actuando en consecuencia para garantir o bo estado de calquera infraestrutura”.

Sos Náutico

Estado do paseo das avenidas na zona náutico

Publiée par Noticias de Vigo sur Dimanche 7 octobre 2018